Soñan os androides con ovellas eléctricas? (Narrativa K)
A consigna que reiteraban os carteis, os anuncios de televisión e os correos masivos do goberno dicía: «Emigración ou dexeneración, ti elixes!». Rick pensou que era moi certo mentres abría a cancela do pradiño e se achegaba ao carneiro eléctrico. «Pero eu non podo emigrar –dixo para si–. Polo traballo.» Un mundo cheo de pó radiactivo provocado por unha devastadora guerra nuclear que aniquilou a maioría dos animais e que obrigou a emigrar a boa parte da poboación mundial é o apocalíptico escenario de “Soñan os androides con ovellas eléctricas?”. Os superviventes cobizan calquera criatura viva e, quen non pode pagar para tela, consegue réplicas de asombroso realismo. O protagonista desta novela de ciencia ficción é Rick Deckard, un ex-axente mercenario que se dedica a cazar -ou retirar- androides renegados. As unidades dun modelo de última xeración, case idénticas aos humanos e que chegaran á Terra fuxindo dunha colonia espacial onde eran pesimamente tratados, son o seu novo obxectivo. Pero os Nexo-6 son case imposibles de distinguir das persoas de carne e óso. Esta dificultade causaralle non poucos problemas e fará que teña que afrontar situacións que endexamais imaxinara; axiña os coñece, cambia a súa percepción e entende o aprezo que teñen pola vida.
yazar | Philip K. Dick |
---|
1 Ocak 2017 19,5 x 13,5 cm F Scott Fitzgerald Jack London B M Bower 1 x 13,5 x 21 cm G. A. Henty H. G. Wells Kolektif 28 Şubat 2018 1 Ocak 2018 19,5 x 1 x 13,5 cm 3 Ocak 2017 4 Ocak 2017 5 Ocak 2017 1 x 13,5 x 19,5 cm 15,2 x 0,6 x 22,9 cm 15,2 x 0,7 x 22,9 cm
okumak okumak kayıt olmadan
Sürüm ayrıntıları
yazar Soñan os androides con ovellas eléctricas? (Narrativa K) | Philip K. Dick |
---|